摘要:A contaminación atmosférica e o ruído son dous importantes problemas propios das grandes cidades. Neste artigo analízase o impacto de ambas as dúas variables sobre o prezo da vivenda na zona centro da cidade de Madrid. Para iso, seleccionáronse dúas medidas subxectivas de contaminación atmosférica e ruído correspondentes a unha mostra de 5.080 vi-vendas que, xunto con outras variables de características desas vivendas, de accesibilidade e de datos socioeconómicos, serán empregadas no contexto dos modelos de regresión cuantílica. A regresión cuantílica espacial é un bo medio para controlar problemas habituais nos modelos hedónicos (non linearidade, non normalidade por asimetrías e puntos atípicos, heteroscedasti-cidade e autocorrelación espacial). Os resultados mostran que nin a contaminación atmosférica nin o ruído teñen un efecto claramente significativo sobre o prezo da vivenda, agás nos barrios máis ricos, onde a polución é unha externalidade negativa. Ademais, claramente contrario ao esperado, o impacto do ruído presenta signo positivo, aínda que unicamente para o segmento de vivendas de luxo debido, posiblemente, á existencia de certas externalidades positivas aso-ciadas ao ruído nestas zonas, como rúas comerciais exclusivas e zonas de alto valor histórico ou cultural.
其他摘要:Air pollution and urban noise are major concerns in big cities. This paper aims at evaluating how they impact transaction prices in downtown Madrid. For that purpose, we incor-porate two subjective measures of air pollution and noise, joint with other variables available for individual characteristics, accessibility and socio-economic data, and we use spatial quantile models with a sample of 5,080 houses in downtown Madrid. Spatial quantile regressions are a good instrument to deal with common problems in hedonic models, such as non-linearity, non- -normality due to asymmetries and outliers, heteroskedasticity and spatial autocorrelation. We find that noise and air-pollution have no clear significant effect except in the wealthier neighbor-hoods, where pollution is clearly a disamenity. Additionally, we find a counter-intuitive positive sign for the effect of noise only for the group of the most exclusive properties, possibly because of their owner high 'sense of place', joint to the existence of some other related positive associ-ated externalities, such as upscale shops and historical or cultural areas.
关键词:Contaminación atmosférica; Ruído; Prezo da vivenda; Regresión cuantílica espacial; Madrid;Air pollution; Noise; Housing prices; Spatial quantile regression; Madrid