摘要:Este traballo analiza o perfil da vítima de "mobbing" entre unha mostra da poboación asalariada de Galicia, prestándolles especial atención ás diferenzas de xénero. Neste sentido, os resultados mostran diferenzas significativas entre os homes e as mulleres en relación coa taxa de incidencia de "mobbing" e co tipo e gravidade das condutas sufridas. En concreto, as mulleres vense máis afectadas polos procesos de acoso psicolóxico que os homes, padecendo un maior número de condutas nocivas, pero de xeito menos intenso. No caso das mulleres, as condutas sufridas están máis relacionadas coa esfera persoal, mentres que os homes sofren condutas relacionadas co traballo. En ambos os dous casos, as vítimas sinalan a envexa como a causa do "mobbing", optando por actuar de xeito pasivo ante os ataques do agresor ou da agresora, normalmente un/unha superior/a xerárquico/a.
其他摘要:This paper analyzes the victim profile of mobbing among a sample of Galician working population, with special attention to gender differences. The results show significant differences between men and women in relation to the mobbing incidence and the type and seriousness of the behaviours suffered. In particular, women are more affected by the processes of psychological harassment than men and they suffer a greater number of behaviours although less intense. In the case of women, the behaviors suffered are more related to the personal sphere, while men suffer work-related behaviours. In both cases, the victims indicate envy as a cause of mobbing, who choose to act passively to attack the aggressor, normally a superior.
关键词:Mobbing; Acoso psicolóxico; Bullying; Diferenzas de xénero;Mobbing; Psychological harassment at work; Bullying; Gender differences