首页    期刊浏览 2025年03月01日 星期六
登录注册

文章基本信息

  • 标题:El eclipse de la fraternidad. Una revisión republicana de la tradición socialista
  • 作者:Jorge álvarez Yágüez
  • 期刊名称:Administracion e Cidadania
  • 印刷版ISSN:1887-0287
  • 出版年度:2006
  • 卷号:1
  • 期号:1
  • 页码:265-265
  • 出版社:Escola Galega de Administracion Publica
  • 摘要:Os libros de Antoni Domènech son un verdadeiro acontecemento no territorio da teoría e filosofía política. Foino o seu De la ética a la política (1989), un dos mellores libros de filosofía política que se escribiron no noso país, e éo este último, no que volve a darnos mostra dese conxunto de trazos que lle co.ecen todos os que están familiarizados cos seus traballos: rigor na análise; precisión conceptual; impresionante erudición, manexada con soltura, sempre acompa.ada de xuízos penetrantes; e unha prosa densa, vigorosa, chea de matices, cada vez máis rara en traballos académicos. é un auténtico pracer a lectura deste libro, polo demais estra.o e intempestivo. Non outra cousa resulta un libro que no actual contexto de debates teóricos aborda centralmente, ao longo de varios centos de páxinas, a consigna de fraternidade lanzada polos revolucionarios xacobinos e xa enterrada no po dos tempos, que volve sobre os debates da Internacional socialista e da comunista, retomando textos que hai agora non menos de trinta anos tanto se releron: os de Marx, Bernstein, Kautsky, Lenin, Trotsky, Gramsci... Trátase dun libro, por outra parte, de difícil catalogación nos xéneros comúns. Non é, sen dúbida, unha investigación filosófico-sistemática nin tampouco un traballo de historiador. De feito, na súa longa elaboración de máis dunha década, o autor modificou o seu enfoque, que nun principio, en efecto, era de carácter máis sistemático, pero a súa insatisfacción coa forma hoxe dominante de facer filosofía política e o convencemento do carácter fondamente histórico dos conceptos propios deste campo levárono a transformar o que ao comezo non era máis que unha introdución histórica ao concepto de fraternidade en todo un amplísimo traballo, do que este libro é unha parte.
Loading...
联系我们|关于我们|网站声明
国家哲学社会科学文献中心版权所有