出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:Os Estados Unidos teñen hoxe máis de trescentos millóns de habitantes. E a
sociedade estadounidense continúa a evoluír, coa influencia constante de
inmigrantes procedentes de todo o mundo. Dende as enmendas de 1965 á
Lei de Inmigración e Nacionalidade de 1952, que aínda constitúe a base da lexislación
e a política estadounidenses en materia de inmigración, Europa deixou de ser o
primeiro lugar de procedencia da inmigración nos Estados Unidos. Algúns analistas
norteamericanos como Stephen Walt e Robert Kagan argumentan que esta mudanza
na composición da inmigración ha de alterar as relacións históricas que Europa
mantivo até hoxe cos Estados Unidos. Pode ser, incluso, que a mudanza xa se teña
producido.