摘要:Neste traballo analízanse as características da comunicación electrónica, un novo medio de interacción favorecido polo avanzo da Enxeñaría Informática e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación que permite ás persoas intercambiaren información de modo sincrónico ou asincrónico con independencia da súa localización física. En concreto, focaremos a nosa atención nas propiedades discursivas destes novos sistemas, que partillan trazos coa escrita e coa oralidade, mais tamén presentan elementos idiosincráticos (comunicación in absentia, copresenza virtual, permanencia textual etc.), resultado das características do medio que os alberga. Estes datos permiten afirmarmos que estamos perante unha nova modalidade comunicativa, independente a respecto da oralidade e da escrita e específica do medio dixital.