出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:O 15 de agosto de 2008, durante o seu discurso de investidura, o presidente Fernando Lugo detallou a súa visión para o fortalecemento do Estado a fin de combater as causas estruturais da pobreza e da desigualdade. Malia que os discursos inaugurais de presidentes anteriores tamén fixeran fincapé na loita contra a pobreza e a corrupción que debilitan as capacidades do Estado(1), o discurso de Lugo, salpicado con referencias aos críticos sociais Rafael Barrett e Augusto Roa Bastos, teólogos da liberación como Leonardo Boff e Gustavo Gutiérrez, e ao mártir socialista Salvador Allende, suxeriu unha nova vontade para atacar as causas profundas dos males do país(2).