出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:Coa celebración do Forth High Level Forum (HLF4) en Busan (Corea doSur) a finais de novembro de 2011, confírmase a vontade de estruturar unha seriede cambios fundamentais na arquitectura do sistema internacional de axuda. A primeiradécada do século XX haberá de recordarse como o tempo en que un sistemade axuda internacional viuse desbordado desde distintas frontes: a securitizaciónda axuda como resposta política tras os atentados do 11-S (Sanahuja, 2005), o aumentodos fluxos privados no financiamento para o desenvolvemento, a apariciónde novas formas de cooperación e de doantes emerxentes -cooperación Sur-Sur eTriangular (SST)- dan como resultado unha crecente complexidade no sistema deaxuda (Kharas, 2010: 302) reforzándose as tendencias da proliferación de doantes e afragmentación da axuda como dificultades (Sanahuja, 2007: 89), aínda que conservecomo trazos estruturais a discrecionalidade e a voluntariedade, como veñen ratificaros moi deficientes resultados que sinala a primeira avaliación, tras cinco anos, dosindicadores da Axenda de Acción de Accra (AAA), posto que dos trece medidos sóse alcanzou un e só outros sete presentan algúns avances moderados (OCDE, 2011:20, e Kharas, 2011: 3).