首页    期刊浏览 2024年12月04日 星期三
登录注册

文章基本信息

  • 标题:MICROFINANZAS, O FUTURO PASA POLA BANCA COMERCIAL
  • 作者:José Manuel SASTRE CENTENO ; Elena INGLADA GALIANA
  • 期刊名称:Revista Galega de Economía
  • 印刷版ISSN:1132-2799
  • 出版年度:2015
  • 卷号:24
  • 期号:1
  • 页码:29-42
  • 语种:Portuguese
  • 出版社:Universidade de Santiago de Compostela
  • 摘要:As microfinanzas, dende os seus inicios na segunda metade do século XX, percorreron un longo camiño para chegar a converterse no sistema financeiro dos máis necesitados, dos pobres, tanto nos países máis pobres como nas nacións prósperas. A través dos diversos servizos que ofrecen, especialmente os microcréditos, fixeron pos ible unha saída da pobreza a un gran número dos máis necesitados e o acceso a obxectivos antes imposibles de acadar como a educación dos fillos, a sanidade, a seguridade social e un mellor futuro fóra do círculo vicioso da pobreza . Na actualidade, as carac terísticas dos factores que configuraron as primeiras entidades microfinanceiras cambiaron. O financiamento, que se apoiaba nunha primeira etapa nas subvencións dos organismos financeiros internacionais ou dos gobernos, están evolucionando cara a un finan ciamento propio sustentado polos beneficios e os aforros dos clientes. Os pobres resultaron ser extraordinarios clientes tanto por ser cumpridores cos seus compromisos, como por ter disciplina de aforro, especialmente as mulleres, que son o grupo máis num eroso e responsable dos microcréditos. Neste contexto, as microfinanzas aparecen como un subsector rendible e, consecuentemente, a banca comercial con financiamento propio e capacidade de expansión, viu nesta contorna unha posibilidade de ampliar o seu neg ocio, desembarcando con toda a súa capacidade financeira. Neste momento estanse desenvolvendo movementos de intervención da banca comercial en todos os mercados das microfinanzas. O futuro parécenos claro, outro problema son os obxectivos. Para as microfi nanzas clásicas, un dos valores que implicaban rendibilidade, era o apoio para rachar co círculo vicioso da pobreza . Hai unha forte dúbida sobre se a banca comercial tamén o considera un valor contable
  • 其他摘要:As microfinanzas, dende os seus inicios na segunda metade do século XX, percorreron un longo camiño para chegar a converterse no sistema financeiro dos máis necesitados, dos pobres, tanto nos países máis pobres como nas nacións prósperas. A través dos diversos servizos que ofrecen, especialmente os microcréditos, fixeron pos ible unha saída da pobreza a un gran número dos máis necesitados e o acceso a obxectivos antes imposibles de acadar como a educación dos fillos, a sanidade, a seguridade social e un mellor futuro fóra do círculo vicioso da pobreza . Na actualidade, as carac terísticas dos factores que configuraron as primeiras entidades microfinanceiras cambiaron. O financiamento, que se apoiaba nunha primeira etapa nas subvencións dos organismos financeiros internacionais ou dos gobernos, están evolucionando cara a un finan ciamento propio sustentado polos beneficios e os aforros dos clientes. Os pobres resultaron ser extraordinarios clientes tanto por ser cumpridores cos seus compromisos, como por ter disciplina de aforro, especialmente as mulleres, que son o grupo máis num eroso e responsable dos microcréditos. Neste contexto, as microfinanzas aparecen como un subsector rendible e, consecuentemente, a banca comercial con financiamento propio e capacidade de expansión, viu nesta contorna unha posibilidade de ampliar o seu neg ocio, desembarcando con toda a súa capacidade financeira. Neste momento estanse desenvolvendo movementos de intervención da banca comercial en todos os mercados das microfinanzas. O futuro parécenos claro, outro problema son os obxectivos. Para as microfi nanzas clásicas, un dos valores que implicaban rendibilidade, era o apoio para rachar co círculo vicioso da pobreza . Hai unha forte dúbida sobre se a banca comercial tamén o considera un valor contable
Loading...
联系我们|关于我们|网站声明
国家哲学社会科学文献中心版权所有